Boas.
Hoxe toca falar dun texto de Marcus Taylor e Susanne Soederberg sobre a intervenzón do sector privado no desenrolo dos paises do 3º e "2º" mundo.
O tema é que non dende os 80, como pon no texto, senón xa de antes, o 3º mundo ao completo, e o resto de gobernos en grande medida, venhen sendo controlados polas grandes multinacionais, case sempre dun xeito indirecto, mais cun gran impacto.
Estes inversores privados falan de axudas para o desenrolo e para o pobo máis empobrecido, e ainda que en certo sentido algo cooperan a isto, queda en nada se se compara co benefício que sacan eles deste contrato. O implantarse neste tipo de lugares dalhes libre albedrio para explotalos trabalhadores ao seu pracer, coma no exemplo das empresas textiles que amoso no seguinte enlace: http://www.solidaridad.net/vernoticia.asp?noticia=1166, e chegando en moitos casos a usar até man de obra infantil. Logo, aliás, tamén tenhen dereito a rebentalos recursos naturais a gusto deles e sen pararse a contemplalo coidado do medio ambiente ou as repercusións que poida acarrear á poboación autóctona, coma no caso da deforestación dos paises da Amazónia ou na mineria, que trata este enlace: http://semueve.netfirms.com/doc_minas/tercermundo.htm. Isto permíteno os gobernos dese 3º mundo, umhas veces pola gran débeda contraida con estes empresarios, outras pola gran corrupción das altas capas deses paises e outras simplemente por imposizón do 1º mundo por contar con recursos demasiado importantes e sen lugar a negativa, posto que remataria nun bloqueo económico semelhante ao de Cuba, o cal levaria á destruzón de calquera goberno non comunista.
Como vemos, non son máis que benefícios e máis benefícios destas grandes empresas, que monopolizan a explotazón de recursos no 3º mundo cumha man de obra moi barata e tendo o poder de impolos intereses ao consumidor que lhes dá a ganha, pois a eles as matérias primas sáenlhes por umha pataca.
Mais logo á xente sito non lhe importa, porque que seria de nós sen estas grandes empresas, que aliás, como se ve pola TV sempre están creando escolas, hospitais (http://www.expoknews.com/2010/02/18/fundacion-coca-cola-entrega-12-mdp/) e vacinando nenos que logo van morrer de inanición. E como á TV hai que lho crer todo pois non pasa nada.
En fin, a minha opinión sobor disto é clara, e coma na entrada anterior, a soluzón que lhe vexo pasa primeiro pola revolución no 3º mundo, cousa que ainda discutin fai algúns dias cun colega, o cal me dicia que era inviábel tal cousa pola falta de médios e umha poboación apolitizada, mais remitíndome a palabras do Che: Os médios créanse no momento no que a poboación está a ser explotada. Logo desa revolución e a implantazón dun réxime comunista, o seguinte paso seria a nacionalizazón da indústria privada e as grandes fortunas, a partires do cal o Estado xa teria total contral sobor dos seus recursos e poderia usalos para o pobo e non para envasar e mandar a un súper de Europa.
Saude e rock n´ roll meus.