segunda-feira, 28 de fevereiro de 2011

Negocio e axuda internacional: A quen benefícia a caridade?

Boas.


Hoxe toca falar dun texto de Marcus Taylor e Susanne Soederberg sobre a intervenzón do sector privado no desenrolo dos paises do 3º e "2º" mundo.
O tema é que non dende os 80, como pon no texto, senón xa de antes, o 3º mundo ao completo, e o resto de gobernos en grande medida, venhen sendo controlados polas grandes multinacionais, case sempre dun xeito indirecto, mais cun gran impacto.
Estes inversores privados falan de axudas para o desenrolo e para o pobo máis empobrecido, e ainda que en certo sentido algo cooperan a isto, queda en nada se se compara co benefício que sacan eles deste contrato. O implantarse neste tipo de lugares dalhes libre albedrio para explotalos trabalhadores ao seu pracer, coma no exemplo das empresas textiles que amoso no seguinte enlace: http://www.solidaridad.net/vernoticia.asp?noticia=1166, e chegando en moitos casos a usar até man de obra infantil. Logo, aliás, tamén tenhen dereito a rebentalos recursos naturais a gusto deles e sen pararse a contemplalo coidado do medio ambiente ou as repercusións que poida acarrear á poboación autóctona, coma no caso da deforestación dos paises da Amazónia ou na mineria, que trata este enlace: http://semueve.netfirms.com/doc_minas/tercermundo.htm. Isto permíteno os gobernos dese 3º mundo, umhas veces pola gran débeda contraida con estes empresarios, outras pola gran corrupción das altas capas deses paises e outras simplemente por imposizón do 1º mundo por contar con recursos demasiado importantes e sen lugar a negativa, posto que remataria nun bloqueo económico semelhante ao de Cuba, o cal levaria á destruzón de calquera goberno non comunista.
Como vemos, non son máis que benefícios e máis benefícios destas grandes empresas, que monopolizan a explotazón de recursos no 3º mundo cumha man de obra moi barata e tendo o poder de impolos intereses ao consumidor que lhes dá a ganha, pois a eles as matérias primas sáenlhes por umha pataca.
Mais logo á xente sito non lhe importa, porque que seria de nós sen estas grandes empresas, que aliás, como se ve pola TV sempre están creando escolas, hospitais (http://www.expoknews.com/2010/02/18/fundacion-coca-cola-entrega-12-mdp/) e vacinando nenos que logo van morrer de inanición. E como á TV hai que lho crer todo pois non pasa nada.
En fin, a minha opinión sobor disto é clara, e coma na entrada anterior, a soluzón que lhe vexo pasa primeiro pola revolución no 3º mundo, cousa que ainda discutin fai algúns dias cun colega, o cal me dicia que era inviábel tal cousa pola falta de médios e umha poboación apolitizada, mais remitíndome a palabras do Che: Os médios créanse no momento no que a poboación está a ser explotada. Logo desa revolución e a implantazón dun réxime comunista, o seguinte paso seria a nacionalizazón da indústria privada e as grandes fortunas, a partires do cal o Estado xa teria total contral sobor dos seus recursos e poderia usalos para o pobo e non para envasar e mandar a un súper de Europa.






Saude e rock n´ roll meus.

quinta-feira, 17 de fevereiro de 2011

A loita pola terra cultivábel


Boas a todos.


Antes de nada vou pór un vídeo realmente interesante sobre o tema que temos de tratar, aliás de dous enlaces de interese:

Pra min o problema que plantexa Bouquet no seu artigo non é máis que un de tantos outros xerados a partires do sistema económico mundial. 

Absolutamente tódolos recursos, non só os alimentícios, están moi mal repartidos, e todo por mor do sistema neoliberal que nos empenhamos en manter, mália ás claras evidéncias de que ten grandes falhos e que non dá máis que problemas para todo o mundo, agás pra aqules que controlan os recursos e movementos económicos do mundo, que son 4 mal contados.


Entón, eu non vexo solución ao problema da compra-venta de terras nin á fame no 3º mundo dun xeito directo, pois ainda que lhe atoparaas algún salvoconduto a este asunto en particular non se faria máis que podar umha enorme árbore coas raices podres, posto que cando o problema reside na base, que neste caso ven sendo o sistema económico capitalista, por moito que retóquelos problemas que dentro del se poidan xerar, nunca vas ser capaz de acadar un sistema económico xusto, igualitário e que furrule sen crear crises mundiais coma churros.

A solución que eu proponho e a única que vexo que poida funcionar non reflite directamente sobor do problema que plantexa Bouquet, senón que abrangue a toda a economia, e seria o dumha revolución socilista mundial, a partires da cal se comezarian a solucionar tódolos problemas, e, por exemplo, o fenómeno abusivo que se expón no texto teria arranxo do seguinte xeito: O estado seria o que teria o control de tódalas terras e usariaas co único obxectivo de abastecela poboación de matérias primas pra poder viver. Despois, o asunto dos estados incapaces de autoabastecerse amanhariase co intercámbio das matérias primárias destes paises polos excedentes alimentícios dos estados que produzan de máis, co cal se xeraria un intercambio de matérias sen plusvalias entre estados que manteria umha harmonia hipotética e un mínimo de desigualdades. Isto todo sempre falando sen fundamento e sobor dun futuro incerto, aliás de que é umha teoria que precisa ainda de moitos trocos e reestruturacións, pois non é sólida, mais como primeira ideia chega.



Saude e rock n´roll meus.