quinta-feira, 5 de maio de 2011

US



ESTADOSCAPITALPOBOACIÓNEXTENSIÓN
AlabamaMontgomery4.627.851135.756
AlaskaJuneau683.4781.717.854
ArizonaPhoenix6.338.755295.254
ArkansasLittle Rock2.834.797137.732
CaliforniaSacramento36.553.215423.970
Carolina del NorteRaleight9.061.032139.389
Carolina del SurColumbia4.407.70982.932
ColoradoDenver4.861.515269.601
ConnecticutHartford3.502.30914.357
Dakota del NorteBismarck639.715183.112
Dakota del SurPierre796.214199.731
DelawareDover864.7646.447
FloridaTallahassee18.251.243170.304
GeorgiaAtlanta9.544.750153.909
HawaiiHonolulu1.283.38828.311
IdahoBoise1.499.402216.446
IllinoisSpringfield12.852.548149.998
IndianaIndianapolis6.345.28994.321
IowaDes Moines2.988.046145.743
KansasTopeka2.775.997213.096
KentuckyFrankfort4.241.474104.659
LuisianaBaton Rouge4.293.204134.264
MaineAugusta1.317.20791.646
MarylandAnnapolis5.618.34432.133
MassachusettsBoston6.449.75527.336
MichiganLansing10.071.822250.494
MinnesotaSaint Paul5.197.621225.171
MississippiJackson2.918.785125.434
MissouriJefferson City5.878.415180.533
MontanaHelena957.86138.838
NebraskaLincoln1.774.571200.345
New JerseyTrenton8.685.92022.588
New YorkAlbany19.297.729141.299
New HampshireConcord1.315.82824.216
New MexicoSanta Fe1.969.915314.915
OhioColumbus11.466.917116.096
OklahomaOklahoma City3.617.316181.035
OregonSalem3.747.455254.805
PennsylvaniaHarrisburg12.432.792119.283
Rhode IslandProvidence1.057.8324.002
TennesseeNashville6.156.719109.151
TexasAustin23.904.380695.621
UtahSalt Lake City2.645.330219.887
VermontMontpelier621.25424.901
VirginiaRichmond7.712.091110.785
Virginia OccidentalCharleston1.812.03562.755
WashingtonOlympia6.468.424184.665
WisconsinMadison5.601.640184.665
WyomingCheyenne522.830253.336




Saude e ska.

terça-feira, 19 de abril de 2011

Viaxe por Europa

Xoán Manuel Sánchez Rodríguez 
Ana Santomé Estévez




Boas.

Nesta entrada tócame programar umha viaxe para duas persoas polas cidades máis poboadas de Europa parando en cada umha dous dias e visitando tres cousas de interese turístico que poida haber nelas. Vanse pór os prezos de aloxamento (sempre tendo en conta cama para dous os dous dias de quenda por cidade) e viaxe, mais non o das visitas turísticas nin alimentazón.

A viaxe comeza en Compostela, e remata en Birmingham despois duns 40 dias contando a estáncia en cidades ponte. En Compostela alugarase un coche até Barcelona cun custo duns 200 €, despois, en Italia colheremos outro coche, que iremos rotando en cada cidade cun custe ao redor dos 1000 €, mais isto é algo imposíbel de expór dun xeito hipotético, pois o do aluguer do coche é algo moi concreto e  haberia que ter moitas cousas que deixamos a elección do leitor.

Exposto xa o tema e todo o necesário pra comezarmos coa exposizón do mesmo, ai vai:


Madrid (Espanha)
- Viaxe: 70 €, 6 horas e 600 kms.
- Aloxamento: Hostal Welcome (51 €)
- Visitas: El Prado e Xardin Botánico e El Retiro.

Barcelona (Catalunya)
- Viaxe: 84€, 6.30 horas e 630 kms.
- Aloxamento: Rambla & Cataluña Hostel (31 €)
- Visitas: Museu marítim, Museu Picasso e Cosmocaixa: Museu de la ciència.


Roma (Italia)
- Viaxe: En ferry até Civitavecchia (200 €) e dalí a Roma por estrada (20 €, 1.30 horas e 70 kms.)
- Aloxamento: Country club Castelfusano (24 €)
- Visitas: Coliseo, Foro e Museo da civilización romana.


Milano (Italia)
- Viaxe: 64€, 11 horas e 640 kms.
- Aloxamento: Sweet hotel (44 €)
- Visitas: Parco Sampine, Parco Forlanini, Parco Guastalli.


München / Munich (Deutschland / Alemanha)
- Viaxe: 44 €, 8 horas e 460 kms.
- Aloxamento: Easy Palace City Hostel (71 €)
- Visitas: Catedral da Nosa Senhora de München, Porta da Vitória, Café Glockeuspiel.


Wien / Viena (Österreich / Austria)
- Viaxe: 40 €, 7 horas e 430 kms.
- Aloxamento: Hostel Hutteldorf (31 €)
- Visistas: Biblioteca Nacional de Wien, Tumba de Johan Strauss, Catedral de San Estebo.


Budapest (Magyarország / Hungria)
- Viaxe: 26 €, 5 horas e 260 kms.
- Aloxamento: Boomerang Hostel & Apartments (30 €)
- Visitas: Parque da cidade, Margit-sziget (Ilha Margarida) e a Igrexa rupestre.


Parada en Београд / Beograd (Србија / Sérbia)
- Viaxe: 35 €, 6.30 horas e 380 kms.


Bucuresti (România)
- Viaxe: 57 €, 9.30 horas e 600 kms.
- Aloxamento: Happy Hostel (24 €)
- Visitas: Parlamento, Museum Sutului, Parque Cismigiu.


Parada en Львів / L´viv (Україні / Ucraina)
- Viaxe: 77 €, 13 horas e 787 kms.


Warszawa / Varsóvia (Polska / Polónia)
- Viaxe: 35 €, 6 horas e 380 kms.
- Aloxamento: Camera Hostel (40 €)
- Visitas: Casco velho, zona nova e Palácio da Cultura.


Praha / Praga (Ceská Republika / República Checa)
- Viaxe: 64€, 10 horas e 620 kms.
- Aloxamento: Town Hostel (33 €)
- Visitas: Monte Petrin, Ilha Kampa, Xardín Urtbc.

Berlin (Deutschland / Alemanha)
- Viaxe: 35€, 6 horas e 360 kms.
- Aloxamento: Georghof Hostel (43 €)
- Visitas: Viktoriapark, DDR museum e o Deutsches Historiches Museum.

Hamburg (Deutschland / Alemanha)
- Viaxe: 27 €, 3 horas, 290 kms.
- Aloxamento: Wiro Hotel (88 €)
- Visitas: Musicais: O rei león, Mamma Mia e O porto.

Köln / Colónia (Deutschland / Alemanha)
- Viaxe: 40 €, 5.30 horas e 420 kms.
- Aloxamento: Koeln Appartement (80 €)
- Visitas: Catedral, xardin do Rhin e casco velho.

Bruxelles (België)
- Viaxe: 20 €, 2 horas e 210 kms.
- Aloxamento: Hotel L´ autarge des souverain (87 €)
- Visitas: Museo Magritte, Museo de instrumentos musicais e osMuseos Reais de Belas Artes.

Paris (France)
- Viaxe: 28 €, 5 horas e 300 kms.
- Aloxamento: Hotel Richard (28 €)
- Visitas: Louvre, Museo de Orsay e o Arc de Triomphe.

London (England / Inglaterra)
- Viaxe: 42 €, 7 horas e 370 kms.
- Aloxamento: Belsize House (70 €)
- Visitas: Big Ben, London Eye e Tate Museum.

Birmingham (England / Inglaterra)
- Viaxe: 26 €, 3 horas e 190 kms.
- Aloxamento: Hathers Backpack Hostel (75 €)
- Visitas: Museum of the jewellry Quarter, Birmingham Museum & Art Gallery e Birmingham Back to Back.






Bueno, creo que con isto xa está todo.
Saude e rock n´roll.

segunda-feira, 28 de fevereiro de 2011

Negocio e axuda internacional: A quen benefícia a caridade?

Boas.


Hoxe toca falar dun texto de Marcus Taylor e Susanne Soederberg sobre a intervenzón do sector privado no desenrolo dos paises do 3º e "2º" mundo.
O tema é que non dende os 80, como pon no texto, senón xa de antes, o 3º mundo ao completo, e o resto de gobernos en grande medida, venhen sendo controlados polas grandes multinacionais, case sempre dun xeito indirecto, mais cun gran impacto.
Estes inversores privados falan de axudas para o desenrolo e para o pobo máis empobrecido, e ainda que en certo sentido algo cooperan a isto, queda en nada se se compara co benefício que sacan eles deste contrato. O implantarse neste tipo de lugares dalhes libre albedrio para explotalos trabalhadores ao seu pracer, coma no exemplo das empresas textiles que amoso no seguinte enlace: http://www.solidaridad.net/vernoticia.asp?noticia=1166, e chegando en moitos casos a usar até man de obra infantil. Logo, aliás, tamén tenhen dereito a rebentalos recursos naturais a gusto deles e sen pararse a contemplalo coidado do medio ambiente ou as repercusións que poida acarrear á poboación autóctona, coma no caso da deforestación dos paises da Amazónia ou na mineria, que trata este enlace: http://semueve.netfirms.com/doc_minas/tercermundo.htm. Isto permíteno os gobernos dese 3º mundo, umhas veces pola gran débeda contraida con estes empresarios, outras pola gran corrupción das altas capas deses paises e outras simplemente por imposizón do 1º mundo por contar con recursos demasiado importantes e sen lugar a negativa, posto que remataria nun bloqueo económico semelhante ao de Cuba, o cal levaria á destruzón de calquera goberno non comunista.
Como vemos, non son máis que benefícios e máis benefícios destas grandes empresas, que monopolizan a explotazón de recursos no 3º mundo cumha man de obra moi barata e tendo o poder de impolos intereses ao consumidor que lhes dá a ganha, pois a eles as matérias primas sáenlhes por umha pataca.
Mais logo á xente sito non lhe importa, porque que seria de nós sen estas grandes empresas, que aliás, como se ve pola TV sempre están creando escolas, hospitais (http://www.expoknews.com/2010/02/18/fundacion-coca-cola-entrega-12-mdp/) e vacinando nenos que logo van morrer de inanición. E como á TV hai que lho crer todo pois non pasa nada.
En fin, a minha opinión sobor disto é clara, e coma na entrada anterior, a soluzón que lhe vexo pasa primeiro pola revolución no 3º mundo, cousa que ainda discutin fai algúns dias cun colega, o cal me dicia que era inviábel tal cousa pola falta de médios e umha poboación apolitizada, mais remitíndome a palabras do Che: Os médios créanse no momento no que a poboación está a ser explotada. Logo desa revolución e a implantazón dun réxime comunista, o seguinte paso seria a nacionalizazón da indústria privada e as grandes fortunas, a partires do cal o Estado xa teria total contral sobor dos seus recursos e poderia usalos para o pobo e non para envasar e mandar a un súper de Europa.






Saude e rock n´ roll meus.

quinta-feira, 17 de fevereiro de 2011

A loita pola terra cultivábel


Boas a todos.


Antes de nada vou pór un vídeo realmente interesante sobre o tema que temos de tratar, aliás de dous enlaces de interese:

Pra min o problema que plantexa Bouquet no seu artigo non é máis que un de tantos outros xerados a partires do sistema económico mundial. 

Absolutamente tódolos recursos, non só os alimentícios, están moi mal repartidos, e todo por mor do sistema neoliberal que nos empenhamos en manter, mália ás claras evidéncias de que ten grandes falhos e que non dá máis que problemas para todo o mundo, agás pra aqules que controlan os recursos e movementos económicos do mundo, que son 4 mal contados.


Entón, eu non vexo solución ao problema da compra-venta de terras nin á fame no 3º mundo dun xeito directo, pois ainda que lhe atoparaas algún salvoconduto a este asunto en particular non se faria máis que podar umha enorme árbore coas raices podres, posto que cando o problema reside na base, que neste caso ven sendo o sistema económico capitalista, por moito que retóquelos problemas que dentro del se poidan xerar, nunca vas ser capaz de acadar un sistema económico xusto, igualitário e que furrule sen crear crises mundiais coma churros.

A solución que eu proponho e a única que vexo que poida funcionar non reflite directamente sobor do problema que plantexa Bouquet, senón que abrangue a toda a economia, e seria o dumha revolución socilista mundial, a partires da cal se comezarian a solucionar tódolos problemas, e, por exemplo, o fenómeno abusivo que se expón no texto teria arranxo do seguinte xeito: O estado seria o que teria o control de tódalas terras e usariaas co único obxectivo de abastecela poboación de matérias primas pra poder viver. Despois, o asunto dos estados incapaces de autoabastecerse amanhariase co intercámbio das matérias primárias destes paises polos excedentes alimentícios dos estados que produzan de máis, co cal se xeraria un intercambio de matérias sen plusvalias entre estados que manteria umha harmonia hipotética e un mínimo de desigualdades. Isto todo sempre falando sen fundamento e sobor dun futuro incerto, aliás de que é umha teoria que precisa ainda de moitos trocos e reestruturacións, pois non é sólida, mais como primeira ideia chega.



Saude e rock n´roll meus.