segunda-feira, 28 de fevereiro de 2011

Negocio e axuda internacional: A quen benefícia a caridade?

Boas.


Hoxe toca falar dun texto de Marcus Taylor e Susanne Soederberg sobre a intervenzón do sector privado no desenrolo dos paises do 3º e "2º" mundo.
O tema é que non dende os 80, como pon no texto, senón xa de antes, o 3º mundo ao completo, e o resto de gobernos en grande medida, venhen sendo controlados polas grandes multinacionais, case sempre dun xeito indirecto, mais cun gran impacto.
Estes inversores privados falan de axudas para o desenrolo e para o pobo máis empobrecido, e ainda que en certo sentido algo cooperan a isto, queda en nada se se compara co benefício que sacan eles deste contrato. O implantarse neste tipo de lugares dalhes libre albedrio para explotalos trabalhadores ao seu pracer, coma no exemplo das empresas textiles que amoso no seguinte enlace: http://www.solidaridad.net/vernoticia.asp?noticia=1166, e chegando en moitos casos a usar até man de obra infantil. Logo, aliás, tamén tenhen dereito a rebentalos recursos naturais a gusto deles e sen pararse a contemplalo coidado do medio ambiente ou as repercusións que poida acarrear á poboación autóctona, coma no caso da deforestación dos paises da Amazónia ou na mineria, que trata este enlace: http://semueve.netfirms.com/doc_minas/tercermundo.htm. Isto permíteno os gobernos dese 3º mundo, umhas veces pola gran débeda contraida con estes empresarios, outras pola gran corrupción das altas capas deses paises e outras simplemente por imposizón do 1º mundo por contar con recursos demasiado importantes e sen lugar a negativa, posto que remataria nun bloqueo económico semelhante ao de Cuba, o cal levaria á destruzón de calquera goberno non comunista.
Como vemos, non son máis que benefícios e máis benefícios destas grandes empresas, que monopolizan a explotazón de recursos no 3º mundo cumha man de obra moi barata e tendo o poder de impolos intereses ao consumidor que lhes dá a ganha, pois a eles as matérias primas sáenlhes por umha pataca.
Mais logo á xente sito non lhe importa, porque que seria de nós sen estas grandes empresas, que aliás, como se ve pola TV sempre están creando escolas, hospitais (http://www.expoknews.com/2010/02/18/fundacion-coca-cola-entrega-12-mdp/) e vacinando nenos que logo van morrer de inanición. E como á TV hai que lho crer todo pois non pasa nada.
En fin, a minha opinión sobor disto é clara, e coma na entrada anterior, a soluzón que lhe vexo pasa primeiro pola revolución no 3º mundo, cousa que ainda discutin fai algúns dias cun colega, o cal me dicia que era inviábel tal cousa pola falta de médios e umha poboación apolitizada, mais remitíndome a palabras do Che: Os médios créanse no momento no que a poboación está a ser explotada. Logo desa revolución e a implantazón dun réxime comunista, o seguinte paso seria a nacionalizazón da indústria privada e as grandes fortunas, a partires do cal o Estado xa teria total contral sobor dos seus recursos e poderia usalos para o pobo e non para envasar e mandar a un súper de Europa.






Saude e rock n´ roll meus.

13 comentários:

  1. gallego y español1 de mar. de 2011, 11:31:00

    Polo que vexo segues na mesma liña de chorar polos pobres que para ti e todos os que escriben neste blog fan a roupa que levades posta, os electrodomesticos e un longo etc que mercades a un bo prezo grazas a eles .Esta xente o que queren é traballar e se teñen choio é grazas as multinacionais asi que deixade de ser tan hipócritas rapaces!!!

    ResponderExcluir
  2. É certo que coas multinacionais as xentes dos países máis desfavorecidos teñen traballo pero non hai que olvidar que antes eles cultivaban as terras que agora ocupan estas empresas. Non creo que as sociedades privadas lles estean a facer ningún favor xa que non hai máis que ver en que condicións están traballando.
    En canto as axudas que as empresas lles dan os países pobres, opino que non é máis que para que´limpar a conciencia´ dos consumidores dos páises ricos. Nese sentido sí somos uns hipócritas pero, de cando en vez, é necesario recordar o que estamos a facer, a ver se cambiamos de mentalidade...

    ResponderExcluir
  3. mira, senhor gallego y español, non che vou borralos comentarios porque non son da meseta e non ando oprimindo xente, masi se non deixas de por ese nome de merda non me vas deixar outra.

    e co que dis non refutala minha teoria, pois coa nacionalizazón da indústria a xente seguiria a ter trabalho e en melhores condicións

    ResponderExcluir
  4. Canto "izquierdoso" solto... aínda haberá algún que sexa defensor da Cidade da Cultura... deixo-vos un minidocu:
    http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent/2011/03/04/o-video-do-roteiro-a-cidade-da-cultura
    Parabéns polo blog, a ver se algún día nos podemos coñecer en directo. Cando te cruce pola facultade xa te "saudarei"...

    ResponderExcluir
  5. moi bo vídeo, que ben trabalha a gentalha.
    pois eu tamen te saudarei, ainda que se me das un nome milhor haha

    ResponderExcluir
  6. Ohh!!! A revolución máxica ataca de novo, acabando coa represión e esclavismo exercida polos tiránicos, malvados, opresores e barrigudos tipiños do Wall Street, de feito cando se aburren pillan un bo charter e dedicanse a darlle latigazos os nenos do Congo.En conclusión tes que lembrar que o tema este é sobre axudas o desenvolvemento, o diñeiro do tiránico e opresor 1º Mundo, e con ese diñeiro fan o que lles sale dos Collóns,aun por moita responsabilidade que teñan, coma se so dan a un dictador Somalí para mercar un cepillo de marfil co que rascarse o cú.

    ResponderExcluir
  7. 1º: aprende a escreber en galego que falha che fai xd.
    2º: non me gusta a tua linguaxe de rua, que aqui sobra
    3º: non sei que clase de defensa fas desa xente alegando que tenhen dereito a facelo que queiran por estar ai enriba

    ResponderExcluir
  8. Se non lles poñemos limites os nosos gobernos, un camiño a seguir no tema das axudas, pois claro que poden facer o que lles peten, e o seu diñeiro. En canto o meu galego,que me queres meu, e o que me ensinaron. As queixas a RAG e a Xunta, se queres ponlles unha folla de reclamacións polo da normativización lingüística.

    ResponderExcluir
  9. ese non e o que che ensinaron, e o que che interesou aprender, que a todos nos ensinaron o mesmo e uns aproveitamolo mais que outros.

    nun goberno popular claro que hai limites, con referendos regulares, asi que iso limita bastante que se cree umha aristocracia absolutista

    ResponderExcluir
  10. As empresas e multinacionais dan axudas e crean escolas e campañas para concienciarnos da situación do Terceiro Mundo, sí, pero en cambio fan que os traballadores destas zonas vivan en condicións penosas e sen medios para sobrevivir, e todo por conseguir unha maior produtividade e facer máis cartos, así que todo é pura publicidade que moitos, por non ver o que en verdade acontece, pasan por alto e dan o seu visto bo, e así seguirá sendo ata que non se tomen medidas...
    A verdade, está claro que o poder, como sempre, o sustenta o que máis diñeiro ten e que isto é moi difícil cambialo, pero non imposible.

    ResponderExcluir
  11. ESPAÑOL, no gallego5 de abr. de 2011, 18:03:00

    actualiza mongolo, habla del japón o del comunista gadaffi...

    ResponderExcluir
  12. Brenda gostanme moito s tuas ideas, gustariache quedar algun dia? Se queres ponte en contacto co administrador que xa sabe quen son.

    ResponderExcluir